Jacob van Artevelde
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jacob van Artevelde (± 1290 - 1345). Foi un líder político flamengo.
Naceu en Gante no seo dunha familia burguesa. Temeroso de que as hostilidades entre Francia e Inglaterra puideran perxudicar a properidade da súa cidade, entrou en política en 1337, propoñendo unha alianza con Bruxas, Ypres e outras cidades flamengas que se mantiveran neutrais no conflito. En 1340 as cidades flamengas, ao non poder manter a súa neutralidade, apoiaron a Inglaterra, e Artevelde convenceu á federación para recoñecer ao rei Eduardo III de Inglaterra como soberano de Francia.
O comercio e a industria floreceu durante o goberno de Artevelde. En 1345, os rumores que el planeaba recoñecer ao fillo de Eduardo III como conde de Flandres causaron unha revolta popular en Gante que acabou coa morte de Artevelde.