James Petras
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
James Petras (nado en 1937) é profesor emérito de socioloxía na Universidade de Binghamton, Nova York. Autodefínese como un militante e escritor « révolucionario e anti-imperialista ».
Intelectual emblemático da esquerda americana, traballou con o Movemento dos traballadores sen terra do Brasil e con o Movemento dos parados da Arxentina. É membro do Comité editorial de Canadian Dimension e nais da conferencia « anti-imperialista » Axis for Peace. Partidario do goberno cubano, desenrolou unha vívida polémica sobre a materia con o escritor portugués José Saramago. É autor de inúmeras obras.
Varias das súas teses son abondo controvertidas dentro da esquerda alternativa mundial. Petras coida que os atentados do 11 septembre non son da autoría dun grupo islámico radical e que a imputación dese atentado a Al Qaida está inxustificada.
Petras reivindica a defensa do patriotismo nos Estados Unidos, cuxa soberanía estaría posta en perigo pola alianza entre o complexo militar-industrial, o AIPAC (American Israel Public Affairs Committee) (Comité Americano-Israelí de Asuntos Públicos) e máis o JINSA (Jewish Institute for National Security Affairs) (Instituto Xudeo de Asuntos de Seguranza Nacional), estas dúas últimas organizacións que el presenta formando parte dun "lobby sionista". Segundo o pensador, a política dos Estados Unidos no Oriente Medio non se corresponde con os intereses do seu país, senón que responde exclusivamente a intereses privados e máis aos do Estado de Israel. Propón a constitución dunha alianza contra tal "lobby" que iría máis aló das relacións habituais entre a esquerda e a dereita. Varias correntes de esquerda son críticas a respeito desta postura que califican de antisemita.
[editar] Bibliografía (selección en inglés)
- The Power of Israel in the United States. (Paperback) (2006) ISBN 0-932863-51-5
- Social Movements and State Power: Argentina, Brazil, Bolivia, Ecuador, con Henry Veltmeyer (2005)
- Globalization Unmasked: Imperialism in the 21st Century, con Henry Veltmeyer (2001)
- The Dynamics of Social Change in Latin America, con Henry Veltmeyer (2000)
- Empire or Republic: Global Power or Domestic Decay in the US, con Morris Morley (1995),
- Latin America in the Time of Cholera: Electoral Politics, Market Economics, and Permanent Crisis, con Morris Morley (1992)