James Stewart
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
James Maitland Stewart (Vinnegar Hill, EE UU, 1908 - Beverly Hills, 1997) Actor estadounidense. Formouse académicamente na Mercershurg Academy de Pensilvania. Estudou arquitectura na universidade de Princeton onde se graduou en 1932. Stewart dedicouse ó teatro ata 1935, o ano no que debutou no cine. Participou na Segunda Guerra Mundial o que lle valeu para consagrarse como símbolo patriótico e simbolizar ó estadounidense patriota, honrable e severo. Traballou cos directores mais importantes e a sua ductilidade permitiulle abordar tódolos xéneros. Dos mais de oitenta filmes nos que interveu compre destacar: Historias de Filadelfia (Philadelphia Story) (1940), do director George Cukor; que lle valeu o Oscar; O bazar das sorpresas (1940), do director Ernst Lubitsch; ¡Qué belo é vivir! (Isn't life beautiful) (1947), do director Frank Capra. En 1949 casou por primeira e única vez con Gloria Hatrick McLean coa que tivo catro fillos. Winchester 73 (1950), de Anthony Mann; A fiestra indiscreta (Rear Window) (1956) e De entre os mortos (Vértigo, 1958), creacións de Alfred Hitchcock; Anatomía dun asasinato (Anatomy of a Murder) (1959), do director aleman Otto Preminger; O home que matou a Liberty Valance (The man who shot Liberty Valance) (1962) e O gran combate (1964), un e outro western de John Ford; O vuelo do Fénix (1965), de Robert Aldrich, etc. En 1985 foulle otorgado un Oscar especial pola sua carreira cinematográfica.