Jiří Wolker
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jiří Wolker (29 de marzo 1900 - 3 de xaneiro 1924) foi un poeta, dramaturgo e xornalista checo, un dos fundadores do Partido Comunista de Checoslovaquia en 1921.
A súa primeira obra poética foi Host do domu (Benvido, convidado) (1921) e nese ano apareceu tamén o poema longo Svatý kopeček que o converteron nunha revelación do panorama poético checo. Morreu de tuberculose en plena xuventude.