Joe Lally
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Joe Lally (nacido o 3 de decembro de 1963 en Silver Spring, Maryland) é un baixista coñecido sobre todo polo seu traballo na banda Fugazi. El contribuíu ocasionalmente nas letras e nas voces da mesma. Traballou con John Frusciante e Josh Klinghoffer no Automatic Writing da banda Ataxia. A principios de 2002 Lally uníuse ao exmembros de Frodus Shelby Cinca e Jason Hamacher nun proxecto orixinalmente chamado The Black Sea, que cambiou o seu nome para Decahedron e editou un EP e un álbum antes de que Lally deixase a banda.