Joel Barlow
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Joel Barlow (1754 – 1812) foi un poeta e político americano.
Naceu en Redding, Connecticut, graduouse en Yale en 1778 e durante dous anos realizou estudos de posgrao, ata que en setembro de 1780 uniuse a unha brigada de Massachussetts. En 1783 establécese en Hartford, Connecticut e alí fundou en xullo de 1784 o semanario American Mercury.
En Hartford foi membro dun grupo de escritores novos coñecidos como Hartford Wits na historia da literatura americana, entre eles estaban Lemuel Hopkins, David Humphreys e John Trumbull, known in American literary history as the "Hartford Wits". En 1787 publicou un longo e ambicioso poema, The Vision of Columbus, que lle deu unha considerable reputación literaria.
En 1788 trasladouse a Francia como axente da compañía Scioto Land Company, dedicada a vender terras e atraer emigrantes para os Estados Unidos, non está claro se Barlow coñecía o carácter fraudulento da compañía, pero en París asume posicións políticas radicais. Viviu tamén en Londres, onde publicou o ensaio Advice to the Privileged Orders (1792) prohibido polo goberno británico.
En 1792 concedeuselle a cidadanía francesa. En 1793 publicou Hasty Pudding. Entre 1795 e 1797 foi cónsul americano en Alxer e negociou un tratado con Tripoli. En 1805 voltou aos Estados Unidos ata que en 1811 regresa a Francia como plenipotenciario norteamericano co encargo de negociar un tratado comercial con Francia e a devolución ou a indemnización polas propiedades confiscadas aos americanos despois da Revolución francesa. Morreu durante a retirada das tropas francesas, mentres tentaba entrevistarse con Napoleon, na vila polaca de Zarnowiec o 24 de decembro de 1812