Johan Soarez de Pavia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Johan Soárez de Pavia é o primeiro poeta galego-portugués coñecido, pois naceu pouco despois da batalla de Ourique, acontecida en 1139.
Só se conserva unha composición deste autor, que resulta ser o texto máis antigo dos conservados na lírica medieval galaico-portuguesa. Trátase da cantiga Ora faz ost´o senhor de Navarra, unha sátira política que pertence ao xénero das cantigas de escarnio e maldizer. Segundo os estudiosos medievalistas Carlos Alvar e Vicente Beltrán, esta cantiga debeuse compoñer ao redor de 1200.