Joseph Addison
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Joseph Addison, escritor e político inglés. Naceu en Milston, Wiltshire en 1672 e morreu en Kensington en 1719.
Fillo do deán da catedral de Lichfield, xa en 1694 publica un libro sobre a vida de poetas ingleses e unha tradución das Xeórxicas de Virxilio. En 1699 comeza a se preparar para o servizo diplomático, para o que viaxa por toda Europa.
En 1705 o goberno Halifax noméao subsecretario de Estado, e en 1708 é elixido deputado por Malmesbury. Con Richard Steele funda The Spectator en 1711..
Entre 1717 e 1718 foi Secretario de Estado.
[editar] Obras
Account of Greatest English Poets
Sir Roger de Coverley Papers
Cato, traxedia
Drummer, comedia