Jurij Vega
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jurij Vega (1754-1802) foi un militar, matemático e físico esloveno, alumno do escritor Anton Tomaž Linhart.
Como matemático, Vega publicou unha serie de libros con táboas logarítmicas, o primeiro dos cales apareceu en 1783 e un segundo volume en 1797. O seu manual publicouse en 1793 e coñeceu un inmenso éxito con máis de 100 edicións, traducíndose a diversas linguas. En 1794 publicou a súa obra máis importante, o Thesaurus Logarithmorum Completus. O 20 de agosto de 1789 calculou o número pi con 140 decimais, dos cales os primeiros 126 eran correctos, mantendose este récord ata 1841.