Jutta Kleinschmidt
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jutta Kleinschmidt (nacida o 29 de agosto de 1962 en Colonia) é unha xornalista e piloto de rallyes alemá, coñecida por ser a primeira e única muller que conseguiu gañar o Rallye París-Dakar, ao logralo en 2001.
Estudou física e enxeñería ata 1986, realizando a tese en BMW. Desde 1987 ata 1992, traballou para esta mesma empresa, no departamento de deseño de vehículos. Desde 1993, compaxina os traballos de piloto e instrutora.
[editar] Carreira deportiva
1987
- Compite no Rallye dos Faraóns, na que é a súa primeira participación nunha proba de rallye, pilotando unha motocicleta.
1988
- Primeira participación no Rallye París-Dakar, na categoría de motos.
1992
- Motos
-
- 1ª na clasificación feminina do Rallye París-Cidade do Cabo.
- 1ª na clasificación feminina do Rallye dos Faraones
- 1ª nas 24 horas de Clermont-Ferrand.
- Coches
-
- Primeiras participacións en carreiras de coches de longa duración, nas 24 horas de Nurburgring e as 24 horas de Spa Francorchamps.
1993
- Motos
-
- 4ª na clasificación xeral do Rallye dos Faraones.
- Coches
-
- Primeira participación en rallies na categoría de coches, como copiloto de Jean Louis Schlesser.
1994
- Motos
-
- 1ª na clasificación feminina do Rallye París-Cidade do Cabo, en motos.
- 1ª na clasificación feminina do Rallye dos Faraóns, en motos, e 5ª na clasificación xeral.
- Coches
-
- 1ª na clasificación xeral da UAE Desert Challenge, en coches.
- 2ª na FIA Cross-Country Rallye World Cup, en categoría de dúas rodas motrices.
1995
- Coches
-
- 2ª na Copa do Mundo de Campo a través en categoría de dúas rodas e 7ª na categoría global.
1996
- Motos
-
- 1ª na clasificación feminina da Australian Safari and Desert Challenge.
- Coches
-
- 2ª na FIA Cross-Country Rallye World Cup, en categoría de dúas rodas motrices.
1997
- Motos
-
- 5ª na clasificación do Rallye Dakar e dúas vitorias de etapa, converténdose na primeira muller en conseguilo.
- Coches
-
- 1ª nas 24 horas de Nurburgring.
1998
- Vitoria de etapa no Rallye Dakar.
1999
- 3ª no Rallye Dakar e dúas vitorias de etapa. Convértese na primeira muller en liderar a proba e terminar no podio.
- 4ª na FIA Cross-Country Rally World Cup.
- 4ª no Rallye de Túnez.
- 4ª na Baixa de Italia.
- 3ª na UAE Desert Challenge.
2000
- 5ª no Rallye París-Dakar
- 2ª no Rallye de Túnez
- 2ª na Baixa de España
- 2ª no Rallye Master
- 2ª no Rallye polas Pampas
- 4ª no Rallye de Marrocos
- 2ª na FIA Cross-Country Rallye World Cup
2001
- 1ª no Rallye París-Dakar
- 1ª na Baixa de Italia
- 2ª no Rallye de Marrocos
- 2ª na Baixa de Portugal
- 2ª no Rallye Master
- 2ª no Rallye polas Pampas
- 2ª na FIA Cross-Country Rallye World Cup
2002
- 2ª no Rallye Dakar.
2003
- 8ª no Rallye Dakar.
- 3ª na Baixa de Alemaña.
2005
- 3ª no Rallye Dakar
- 3ª no Rallye polas Pampas
- 3ª no Rallye de Marrocos
- 2ª na Baixa de Portalegre.
[editar] Ligazóns exteriores
- Web oficial de Jutta Kleinschmidt (en alemán e inglés)