Knoppix
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Knoppix é unha distribución de GNU/Linux bastante popular creada polo alemán Klaus Knopper en 2002. Knoppix está baseada en Debian e execútase directamente dende un CD/DVD sen usar o disco duro ou instalar ningún ficheiro nel. Knoppix usa o entorno gráfico KDE, pero existe unha versión con Gnome chamada Gnoppix.
A popularidade de Knoppix débese a varios factores. A súa magnífica detección de hardware permite que se arrinque directamente un ambiente gráfico na maioría das máquina sen necesidade de configuración ningunha. Conéctase automáticamente á maioría dos tipos de redes, e inclúe software tanto para uso normal (especialmente navegadores web, a suite informática OpenOffice.org, e o programa de retoque fotográfico GIMP) coma para a reparación de sistemas. O completo ambiente gráfico e de rede é máis cómodo cá xeración anterior de discos de arrinque para os administradores de sistemas que reparaban sistemas nos que os discos duros non arrincaban. Ademais Knoppix permite conservar os cartafois persoais dos usuarios e a configuración do sistema despois de apagar o ordenador.
[editar] Instalación
Aínda que Knoppix é unha distribución de Linux en Live CD pódese instalar no disco duro mediante un script, aínda que isto só se recomenda a usuarios avanzados.
[editar] Ver tamén
[editar] Ligazóns externas
- KNOPPIX - Live Linux Filesystem On CD - Páxina oficial (en inglés).
- Knoppix (en castelán)]-Foros e tutoriais sobre knoppix