Lágrima
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A lágrima, bágoa ou fluído lacrimal é un líquido composto de auga, sales minerais, proteínas e gordura, producido polas glándulas lacrimais (do sistema lacrimal) nas pálpebras superiores do ollo humano para lubrificar e limpar o ollo. É producido en gran cantidade cando alguén chora.
[editar] Curiosidade
A expresión popular derramar lágrimas de crocodilo usada para dicir que alguén chora sen razón ou por finximento, surxiu dun feito real que acontece cos crocodilos. Cando o animal come unha presa, engolea sen mastigar. Para iso, abre a mandíbula de tal forma que comprime a glándula lacrimal, localizada na base da órbita, o que fai que os réptiles choren.
[editar] Referencias bibliográficas
- RODRIGUES, Greice. Rio de Lágrimas: Na semana passada, o País assistiu a cenas de choradeira. Mas nem sempre o pranto é sincero. São Paulo: Editora Três, ISTOÉ n° 1865, p.40-41, 13 de jul. 2005.
[editar] Ver tamén
- Sistema lacrimalgl:lágrima