Líquido
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
![Moeda sostida enriba da auga pola tensión superficial](../../../upload/shared/thumb/9/9c/2006-01-15_coin_on_water.jpg/180px-2006-01-15_coin_on_water.jpg)
O líquido é un dos catro estados da materia, un líquido é un fluído cuxo volume é constante en condicións de temperatura e presión constante e a súa forma é definida polo recipiente que o contén. é unha substancia que presenta un estado da materia intermedio entre os estados sólido e gasoso.
Un líquido exerce presión no recipiente con igual magnitude cara a tódolos lados. Se un líquido se encontra en repouso, a presión que exerce está dada por:
- p = ρgz
Onde ρ é a densidade do líquido e z é a distancia do punto debaixo da superficie.
[editar] Características dos líquidos
- Os líquidos presentan tensión superficial e capilaridade, xeralmente se expanden cando se incrementa a súa temperatura e se comprimen cando se arrefrían. Os obxectos inmersos nalgún líquido están sometidos a un fenómeno coñecido como flotabilidade.
- As moléculas no estado líquido ocupan posicións ó azar que varían co tempo. As distancias intermoleculares son constantes dentro dunha estreita marxe.
- Cando un líquido sobrepasa o seu punto de ebulición cambia o seu estado a gasoso, e cando acada o seu punto de conxelación cambia a sólido.
- Por medio da destilación fraccionada, os líquidos poden separarse entre si ó evaporarse cada un ó atinxir os seus respectivos puntos de ebulición. A cohesión entre as moléculas dun líquido non é o suficientemente forte polo que as moléculas superficiais pódense evaporar.
- As moléculas dos líquidos non están tan próximas como as dos sólidos, pero están menos separadas cás dos gases.
- Nalgúns líquidos, as moléculas teñen unha orientación preferente, o que fai que o líquido presente propiedades anisotrópicas (propiedades, como o índice de refracción, que varían segundo a dirección dentro do material).
- En condicións apropiadas de temperatura e presión, a maioría das substancias pode existir en estado líquido. A determinadas presións atmosféricas, así a todo, algúns sólidos se subliman ó quentarse; é dicir, pasan directamente do estado sólido ó estado gasoso (véxase Evaporación).
- A densidade dos líquidos acostuma ser algo menor que a densidade da mesma sustancia en estado sólido. Algunhas sustancias, como a auga, son máis densas en estado líquido.
- Os líquidos caracterízanse por unha resistencia ó fluxo chamada viscosidade. A viscosidade dun líquido diminúe ó aumentar a temperatura e aumenta ó crecer a presión. A viscosidade tamén está relacionada coa complexidade das moléculas que constitúen o líquido: é baixa nos gases inertes licuados e alta nos aceites pesados.
- A presión dun vapor en equilibrio coa súa forma líquida, a chamada presión de vapor, só depende da temperatura; o seu valor a unha temperatura dada é unha propiedade característica de cada líquido. Tamén o son o punto de ebulición, o punto de solidificación e a calor de vaporización (esencialmente, a calor necesaria para transformar en vapor unha determinada cantidade de líquido).
- En certas condicións, un líquido pode quentarse por enriba do seu punto de ebulición; os líquidos nese estado denomínanse superquentados. Tamén é posible arrefriar un líquido por debaixo do seu punto de conxelación.
Estados da materia |
---|
Sólido | Sólido amorfo | Xel | Líquido | Gas | Plasma | Superfluído | Supersólido | Materia dexenerada | Neutronium | Plasma quark-gluon | Condensado Fermiónico | Condensado de Bose-Einstein | Materia estraña |