Laetoli
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Laetoli é un xacemento que se localiza a 45 km ao suroeste da garganta de Olduvai, en Tanzania. En 1978 Mary Leakey atopou pisadas de homínidos dunha antigüídade de 3'7 millóns de anos. Tres homínidos camiñaran cara o norte, e deixaran cos seus pé pisadas moi ben definidas na cinsa volcánica que viña do volcán Sadiman, situado a vinte quilómetros. Dous homínidos ían por diante e outro seguíaos pisando as súas pegadas, polo que ás veces faise difícil seguir o seu trazado. As pisadas demostran que camiñaban erguidos habitualmente.
homínido 1 | homínido 2 |
|
---|---|---|
longo da pisada | 21.5 cm | 18.5 cm |
largo da pisada | 10 cm | 8.8 cm |
alancadas | 47.2 cm | 28.7 cm |
reconstrución da altura | 1.34-1,56 m | 1.15-1.34 m |
No mesmo xacemento descubríronse restos de mandíbulas e dentes presumiblemente de Australopithecus afarensis. Tamén se descubriron pisadas de outras vinte especies animais: hienas, babuínos, xabarís, xirafas, gacelas, rinocerontes...