León V o Armenio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
León V, chamado o Armenio (775 - 24 de decembro de 820), foi emperador bizantino entre 813 e 820, tras distinguirse como xeneral durante os reinados de Nicéforo I e Miguel I.
Tras prestar un gran servizo ao emperador Miguel I na guerra contra os árabes en 812, foi chamado en 813 para loitar na campaña contra Bulgaria. Aproveitando o descontento das tropas, deixou ao emperador na estacada na batalla de Adrianópolis e a continuación puxo en marcha unha revolta contra el. León xustificou a súa usurpación derrotando sucesivamente aos búlgaros que pretendían asediar Constantinopla (814-817).
As súas enérxicas medidas represivas contra os bogomilos e os iconódulos deron lugar a unha importante oposición, e logo de abortar unha conspiración liderada polo seu amigo Miguel Psello, co encarceramento deste último, León foi asasinado na capela de palacio o día de noiteboa de 820.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Miguel I Rangabé |
León V o Armenio (813-820) |
Precede a: Miguel II |
sen dinastía |