Ledoño, Culleredo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ledoño é unha pequena parroquia do sur do concello de Culleredo de pouco máis de 200 veciños. Está situada no val de Veiga e as súas terras están bicadas polo río Valiñas, afluente do Mero (río que forma a Ría do Burgo, Ría da Coruña), que nace no monte Xalo. O monte de Ledoño é o Picoto.
Ledoño é unha das máis cativas parroquias do concello de Culleredo, tanto en estensión como en número de habitantes. A maior parte dos seus veciños teñen as súas ocupacións fóra da aldea, e os que traballan alí, fano, en inmensa maioría, adicados á terra. As vías de comunicación son, a estrada que une Vilaboa coa capital municipal e continúa deica Peiro de Arriba (Celas de Peiro, Sta. María), ao norde está a autoestrada A-6 (A Coruña-Madrid), e o ferrocarril, que ten estación na veciña aldea de Bregua (Veiga, San Silvestre). Ledoño celebra as súas festas na honra de San Pedro, o seu patrono, e a Virxe do Carme o primeiro fin de semana despois do 16 de xullo.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Culleredo | |
---|---|
Almeiras (San Xián) | O Burgo (Santiago) | Castelo (Santiago) | Celas (Santa María) | Culleredo (Santo Estevo) | Ledoño (San Pedro) | Orro (San Salvador) | Rutis (Santa María) | Sésamo (San Martiño) | Sueiro (Santo Estevo) | Veiga (San Silvestre) |