Leoncio Evita Enoy
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Leoncio Evita Enoy (Udubuandolo, 1929 - Bata, 1996) foi un escritor ecuatoguineano.
Autodidacta, estudou debuxo por correspondencia e ao rematar foi profesor de debuxo da escola de artes e oficios de Bata, ao tempo que comezou a colaborar na revista Poto-Poto. En 1953 publicou a que se considera a primeira novela ecuatoguineana, Cuando los combes luchaban. Entre 1953 e 1960 viviu en Camerún.