Liam O`Flynn
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Liam O'Flynn (na grafía irlandesa: Liam Óg Ó Floinn, nado en 1945) é un músico folk moi coñecido. Naceu en en Kill de pais músicos, o seu pai tocaba o violín e a súa nai o piano. Despois do seu primeiro encontro coa gaita irlandesa, as influenzas máis importantes no seu desenvolvemento foron Leo Rowsome, Willie Clancy, e Séamus Ennis. Liam gañou crecoñecemento por gañar premios no Oireachtas Festival e o Fleadh Cheoil nos anos 60.
Converteuse nun membro fundador de Planxty en tódalas súas versións. The Chieftains foron os primeiros en grabar música instrumental tradicional irlandesa en formato de grupo, pero Planxty levouno un paso máis lonxe. Eles deron impulso e vitalidade á música acústica que debeu máis ó rock and roll que á música clásica europea. O'Flynn deu unha emocionante excitación ás pipas irlandesas, que foran asociadas anteriormente coa estricta disciplina dos gaiteiros escoceses. Despois de Planxty el atopou facilmente traballo, e traballou cos Everly Brothers, Enya, Kate Bush, Nigel Kennedy e Mark Knopfler. El traballou tamén en películas, incluíndo "A River Runs Through It" e "Kidnapped". El foi o suficentemente aventureiro para traballar co compositor John Cage, pero a súa alianza natural foi co compositor Shaun Davey.
The Bothy Band foron os sucesores naturais do Planxty orixinal, e dous dos seus membros, Seán Keane e Matt Molloy, grabaron nun dos álbumes de O'Flynn's, The Piper's Call. El tamén traballou en proxectos con Seamus Heaney, mezclando poesía e música.
Índice |
[editar] Discografía
[editar] Só
- Liam O'Flynn (1988)
- The Fine Art Of Piping (1991)
- The Given Note (1995)
- The Piper's Call (1999)
[editar] Con Planxty
- Planxty (1973)
- The Well Below the Valley (1973)
- Cold Blow and the Rainy Night (1974)
- After the Break (1979)
- The Woman I Loved So Well (1980)
- Words and Music (1983)
- Planxty (2004)
[editar] Con Shaun Davey
- The Brendan Voyage (1980)
- The Pilgrim (1983)
- Granuaile (1985)
- The Relief Of Derry Symphony (1990)
- Out To Another Side (1993)
- May We Never Have To Say Goodbye (2006)