Libélula
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Anisoptera | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Classificación científica | ||||||||||
|
||||||||||
Familias | ||||||||||
Aeshnidae |
A libélula ou libeliña é un insecto alado pertencente à sub-orde Anisoptera. Como características distintivas cóntanse o corpo fusiforme, co abdome moi alongado, ollos compostos e dous pares de asas semitransparentes. As libélulas son predadoras e aliméntanse de outros insectos, mosquitos e moscas. Este grupo ten distribución mundial e ten preferencia por hábitats nas inmediacións de corpos de auga estancada (pozas ou lagos temporais), zonas pantanosas ou perto de ribeiros e riachos. As larvas de libélula (chamadas ninfas) son acuáticas, carnívoras e extremadamente agresivas, podendo alimentarse non só de insectos mais tamén de peixes xuvenís.
As libélulas non teñen a capacidade de picar, visto que as súas mandíbulas están adaptadas á mastigación. Dentro do seu ecosistema, son bastante útiles no control das poboacións de mosquitos e das súas outras presas, prestando así un servizo importante ao home.
As libélulas adultas cazan á base do seu sentido de visión extremadamente apurado. Os seus ollos son compostos por millares de facetas (ata 30,000) e confírenlles un campo visual de 360 graos. As libélulas meden entre 2 e 19 cm de envergadura e as especies máis rápidas poden voar a cerca de 85 km/h.
O grupo xurdiu no Paleozoico, sendo bastante abundantes no período Carbónico, e conserva ata hoxe as mesmas características xerais. As maiores libélulas de sempre pertencen ao xénero Meganeura, floresceu no Pérmico, e podían atinxir envergaduras de 70 a 75 cm.