Liceo Casino Vilagarcia Arousa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
O Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa é foi fundado en 1904, e comezou sendo unha asociacion coposta principalmente pola clase obreira; agora é unha das entidades mais importantes de Vilagarcía con respecto ó deporte, actividades, etc.
Esta entidade posúe sección de baloncesto, tenis, atletismo, tenis de mesa, vela e piragüismo. Ademais organiza actividades tales como os bailes de carnaval tanto para nenos, como para mozos e adultos; e tamén os bailes de verán, os certames de cine, e o pretixioso torneo xadrezista Adolfo Pedrido chamado asi en honor a un dos mellores presidentes que tivo o Liceo.
o seu nome actual é Liceo Casino, e é unha fusión de varias entidades da cidade: O Club de Mar, O Liceo e o Casino. Esta fusion foi iniciativado Liceo que posuía mais cartos e socios e foi posta en marcha polo presidente Vallejo, un presidente polémico polo suposto robo de diñeiro.
O Liceo posuía a súa sede a carón do Concello de Vilagarcía que consistía nun pequeno complexo de oficinas, auditorio cafetería e nunha estancia anexa o pavillón chamado Adolfo Pedrido chamado así tamén polo celebre presidente.
Neste pavillón organizábanse os bailes de carnaval e todo o relacionado co equipo de baloncesto. É importante destacar que as categorias base do baloncesto do liceo sempre tiveron moita sona polos talentos que saen e polos titulos tales como Copas Galegas, Copas Arousanas, ligas, etc. Ademas organizábase todolos anos un torneo de verán no que se lle permitía xogar a todo aquel maior de 18 anos. Dende finais do ano 2006 este pavillón quedou en desuso e as actividades que se realizaban ali hasta ese momento foron emplazadas na Casa do Movemento e no complexo deportivo local de Fontecarmoa.