Licinio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] Licinio
Claudio Valerio Liciniano Licinio, emperador romano naceu na Dacia entre os anos 263 o 265, sendo a sua familia de orixen labrego.
Toda a sua educación foi militar e destacou na loita contra os persas, e todala sua carreira estuvo xunguida a Galerio, amigo persoal.
Coa morte de Constancio Cloro e a proclamación polas tropas do seu fillo Constantino como emperador, e a proclamación de Maxencio no lugar do seu pai Maximiano, quen teria que abdicar. Pero este se negou, de xeito que nun mesmo intre habia sete altos maxistrados, entre augustos e cesares para o goberno do Imperio, cada quen sen recoñecer o seu contrario. Esta situación estaba a piques de malograr todala obra de Diocleciano e a sua tetrarquia. Para elo Galerio, coma emperador decano e garante do sistema, convocou o cumio de Carnuntun no 308. Pero nesa reunión non se acordou unha solución definitiva, senón que se nomeou a Constantino e Maxencio para a parte occidental do Imperio, mentras que para o Oriente subiu a emperador Licinio e mais Maximino Daya, sobriño de Galerio.
As loitas entre os distintos augustus e cesares foi xa inmediata para facerse co poder. En Occidente,Constantino venceu a Maxencio na batalla da Ponte Milvio no ano 312.
Pola sua parte, Licinio, quen habia sido nomeado augustus sen pasar previamente pola titulo de césar,non era moi ben aceptado, e dende o goberno da Pannonia, Ilyria e Rethia se asociou a Constantino para que fora el quen acabara con Maxencio e conquistara Italia, tal e como se habia acordado no xuntanza de Carnutum onde Maxencio foi declarado enemigo publico, a pesares de recoñecer os seus dereitos o trono.Casou coa hermana de Constantino, Constancia e xuntos publicaron o famoso Edicto de Milán (Mediolalum), onde se daba liberdade relixiosa e se devolvia os bens a Eirexa Católica, e que na practica veu a ser o recoñecemento do cristianismo no imperio, non a relixión oficial
No ano 311 morre Galerio e Maximino II Daza e mais Licinio atoparonse no Bosforo para se repartir os territorios de Galerio. Pero esta división, coa morte de Maxencio en Occidente, levou o enfrontamento no Oriente, sendo as tropas de Maximino Daza derrotadas dende Byzantium a Tarsus no ano 313, e Maximino morreu entre tormentos. Licinio habia quedado encarregado do fillos de Galerio e mais a sua esposa, pero o trato que lles dou obrigounos a fuxir a corte de Maximino Daza, quen unha vez derrotado, quedaron nunha total indefensiópn, e foron capturados e mortos en Tesalonica, quedando deste xeito Licinio coma unico emperador en Oriente, do mesmo xeito que Constantino o era en Occidente.
Pero a partires do ano 320 escomenzaron a percibirse as diferencias entre eles, que se manifestaron entre outros aspectos no tratamento que se lle deu o problema cristián, xa que mentras en occidente os cristiáns habia alcanzado postos relevantes na Administración, en oriente continuaban a ser perseguidos e reprimidos a pesar da gran influencia que habia conquerido a Eirexa de Alexandria. A presión que se fixo sobre Constantino para rematar con este estado de cousas foi moi grande, pero tuvo que deixalo temporalmente debido a ameaza dos barbaros na fronteira danubiana. Constantino derrotou os barbaros na Panonia e na Tracia e amosou a Licinio o poder militar do emperador de Occidente e o levou a aceptar o nomeamento dos seus respectivos fillos Crispo por Constantino e Liciniano por parte de Licinio coma cesares.
Licinio habia perdido a iniciativa e tivo que facer fronte no seu propio entorno a Valente, o seu xefe militar, a quen dou morte despois de habelo nomeado augusto. No ano 324 o enfrontamento se fixo inevitabel nunhas circusntancias que favorecian en todo a Constantino, quem venceu en Adrianopolis, Crisopolis e Bizancio, mentras Crispo, desfacia a flota de Licinio no Helesponto, onde finou Liciniano.
Seguramente por interseción da sua esposa Constancia, irmán de Constantino, se lle perdonou a vida a Licinio, quen foi exiliado e posto baixo arresto en Thesalonica, pero o contumaz Licinio escomenza a intrigar contra Cosntantino, quen desta vez mandouno axusticiar na primaveira do ano 325.
Remata deste xeito o goberno de Diocleciano e un soio emperador volve a mandar en todala extensión do Imperio. Coarenta anos de tetrarquia o Imperio Colexiado habian quedado atrás para sempre.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Constantino o Grande |
Licinio (308-323) |
Precede a: Constantino II |
Constantina |