Lingotamento continuo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Procedimento no que un metal (principalmente aceiro pero tamén aluminio e cobre) en estado fundido se verte sobre un molde de fundo aberto que se vai desprazando e vai expondo o metal a refrixeración por agua, solidificandose a sua parte exterior e obtendose un perfil continuo de sección constante. Este proceso está substituindo á tradicional colada en lingote, obtendose pezas de mellores características técnicas e menor custo de procesado.