Lingua alsea
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O alsea foi unha lingua ou grupo de linguas que se falou na costa norte de Oregón (Estados Unidos) ata mediados do século XX
ISO/DIS 639-3: aes
Índice |
[editar] Dialectos
O alsea estaba constituído por dous dialectos, o alsea que falaba o pobo alsea e o yaquina, que falaba polo pobo yaquina, establecido ao norte do territorio alsea.
[editar] Distribución xeográfica
- O alsea falábase arredor da baía e río Alsea
- O yaquina falábase arredor da baía e río Yaquina
[editar] Falantes
Antes da chegada dos europeos os alseas eran arredor de 3.000 falantes que vivían en 17 asentamentos. En 1910 quedaban 29.
Os yaquinas eran outros 3.000 que se agrupaban en 55 asentamentos.
En 1930 quedaban 9 falantes das dúas variedades.
[editar] Textos
Practicamente todo o que se conserva da lingua alsea débese ao lingüista Leo Frachtenberg que entre 1910 e 1913 recolleu textos de falantes da lingua na reserva de Siletz.