Lingua cántabra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A lingua cántabra ou Montañés é o nome que recibe a lingua usada no Oeste de Cantabria e nalgunhas zonas do Val de Pas e o Val de Soba, no zona Oriental.
É unha lingua de transición que pode ser considerada tanto coma un dialecto da lingua asturiana, como un antigo dialecto do castelán, aínda que tamén é consideraba como unha lingua independente proveniente directamente do Asturleonés.
O Montañés ten dous subdialectos: o Occidental e o Oriental. A zona divisoria entre ambas variantes atópase entre o río Saja e o Pas. O dialecto de Pas pertence á variante Oriental coa particularidade de manter unha boa conservación.