Lingua cebuana
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O cebuano, tamén coñecido coma sugbuanon, é unha lingua pertencente ó filo austronesio, dentro da rama occidental malaio-polinesia e do grupo Bisaya (Visayan ou Binisayâ). Falada nas Filipinas por preto de 18.000.000 persoas. O nome provén do nome da illa filipina de Cebú. Dáselle o código de tres letras ISO 639-2 'ceb', pero non ten código de dous letras ISO 639-1.
O cebuán é a lingua nativa dos habitantes de Cebú, de Bohol, de Negros Oriental e da xente da provincia occidental de Leyte e Mindanao norteño. Tamén se fala nalgunhas cidades e illas en Samar. Ata os anos 1980, o cebuán sobrepasaba ó tagalo en termos de falantes. O dialecto usado en Bohol chámase Boholán e ás veces considérase un idioma separado.
[editar] Números
1. usá
2. duhá
3. tulú
4. upát
5. limá
6. unúm
7. pitú
8. walú
9. siyám
10. napúlu
11. napúlu'g usá
11. onse (a menudo emprégase o español para números superiores a 10)
20. kawhaan
30. katloan
40. kaapatan/kap'atan
50. kalimaan/kalim'an
60. kaunuman/kan'uman
70. kapituan
80. kawaloan
90. kasiyaman
100 usá ka gatos
1.000 usá ka libo
1.000.000 usa ka libo ka libo
[editar] Exemplos
- ¿Podo facer unha pregunta? - "Mahimo bang mangutana?" o "Puwede 'ko mangutana?"
- ¡Bos días! - Maayong buntag!
- ¿A onde vai vostede? - Asa ka padulong?
- ¿Onde está o cuarto de baño? - Asa man ang CR(banyo)?
- ¿Onde está o seu cuarto de baño? - Asa man ang CR(banyo) 'ninyo?
- ¿Cal é o seu nome? - Unsay ngalan nimo?
- ¿Onde está a praza? - Asa man ang merkado?
- Quixera compra esto. - Paliton na nako.
- Quixera dous deses. - Gusto ko ug duha ana.
- Ola, o meu nome é Xoán . - "Kumusta. John akong ngalan". ou, "Ako si John"