Lingua irlandesa media
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Irlandés medio é o nome que lle deron os filólogos á forma da lingua irlandesa falada entre o século X ao XII; é, xa que logo, contemporaneo das fases finais do inglés antigo e iniciais do inglés medio.[1][2] As linguas goidélicas modernas: irlandés, gaélico escocés, e Manx son todas descendentes do irlandés medio.
O irlandés medio falouse en irlanda e escocia; desde o Munster ata a illa de Inchcolm no Mar do Norte. A súa extensión xeográfica fixo del o máis extendido de todas as linguas insulares a finais do século XII, cando o inglés medio comezou a facer incursións en Irlanda e moitas das rexións célticas do norte e do oeste de Britannia.
Poucas linguas europeas poden rivalizar no volume de literatura que nos legou o irlandés medio. Moita desta supervivencia é debida ao teimudos que foron uns poucos anticuarios irlandeses modernos, pero o simple volume de sagas, anais, haxiografías (etc) que sobreviviron mostra a confianza que tiñan os membros das instruídas ordes gaélicas medievais na súa lingua. Case todo o que sobreviviu vén de Irlanda, un pouco de Escocia e moi pouco da Illa de Man. O Lebor Bretnach, o "Nennius irlandés", só se conserva en manuscritos preservados en Irlanda; con todo, Thomas Owen Clancy hai pouco propuxo que foi escrito en Escocia, no mosteiro de Abernethy.[3]
[editar] References
- ↑ Mac Eoin, Gearóid: "Irish". 101–44 in The Celtic Languages. in Martin J. Ball (ed.). Routledge. London. 1993. ISBN 0-415-01035-7
- ↑ Breatnach, Liam: "An Mheán-Ghaeilge". 221–333. in K. McCone, D. McManus, C. Ó Háinle, N. Williams, and L. Breatnach (eds.). Stair na Gaeilge in ómós do Pádraig Ó Fiannachta. Maynooth. Department of Old Irish, St. Patrick's College. 1994. ISBN 0-901519-90-1 (en irlandés)
- ↑ Clancy, Thomas Owen: "Scotland, the ‘Nennian’ recension of the Historia Brittonum, and the Lebor Bretnach". in Simon Taylor (ed.). Kings, Clerics and Chronicles in Scotland, 500-1297. Four Courts Press. Dublin & Portland. 2000. 87–107. ISBN 1-85182-516-9
[editar] Ver tamén
- Lingua irlandesa.
- Dicionario da lingua irlandesa.