Linguaxe corporal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Faltan ligazóns internas neste artigo. Por favor, wikifíqueo.
Linguaxe corporal:
- Forma de comunicación non verbal de natureza tanto voluntaria como involuntaria, constituída por movementos, xestos, posturas, etc.
É utilizada polo neno nos seus primeiros momentos de vida de xeito natural. Posteriormente, vaise enriquecendo coa experiencia e a imitación doutras persoas. Este tipo de linguaxe pode ser substitutiva ou apoia-la fala cando existen problemas que impiden o uso ou correcta utilización da linguaxe falada. No campo da deficiencia mental, física ou sensorial, actúa como compensador de deficiencias ó deficiente e axuda ó profesional, quen debe saber facer unha correcta lectura da xestualidade do deficiente, para comprender e interpretar correctamente as súas demandas, estado de ánimo ou necesidades.