Lira, Carnota
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San María de Lira é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carnota. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.021 habitantes (516 homes e 505 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.115 habitantes.
[editar] Turismo
O pobo de Lira é moi turístico. Lira posúe un dos maiores hórreos de Galicia, que compite en tamaño co de Carnota. Tamén ten varias praias e un porto pesqueiro, Portocubelo, en cuxo peirao pódense atopar muxos, maragotas e santiaguiños.
Son moi coñecidas as súas festas: as festas dos Remedios (Novos e Vellos) e a Festa do Mar.
- Remedios Novos: teñen lugar o Martes de Pascua.
- Remedios Vellos: celebrados un martes, contando sete semanas a partir do Martes de Pascua.
- Festa do Mar: celébrase o 15 de agosto.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carnota | |
---|---|
Lariño (San Martiño) | Lira (Santa María) | O Pindo (San Clemente) | San Mamede de Carnota (San Mamede) | Santa Comba de Carnota (Santa Comba) |