Locomoción
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Literalmente, "movemento de lugar", locomoción designa en xeral a un meio de transporte de mercadorías ou persoas, e en particular a aquel no que uns contenedores (vagóns) dotados de rodas van circulando apoiados en dúas rectas de metal que o encamiñan (carrís ou raís): por iso o vagón que produce a enerxía que o move se chama locomotora.
A súa acepción xenérica asígnase a calquera sistema de transporte, sexa de tracción animal ou artificial, propia ou exóxena. Así, a locomoción humana pode ser a pé, a catro patas, a nado, choutando, á ra, do revés, etc. A importancia do modo de locomoción na evolución humana é tal que existen teorías que o relacionan coa capacidade intelixente e cultural ou cos hábitos alimenticios dos prehomínidos, polo cal tería xurdido a bipedestación en épocas prehistóricas. Esta capacidade de bipedestación implicou tamén certas particularidades anatómicas e sociais: a disposición dos pés, das pernas, do cóccis, a forma da columna vertebral, as características migratorias ou a dieta do home poden ser diferentes do chimpancé ou dos pónxidos en boa medida debido á específica locomoción humana.