Lorenzo Bartolini
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Lorenzo Bartolini (Prato 1777 - Florencia 1850) foi un escultor italiano.
De neno trasladouse a Florencia para traballar nun obradoiro para aprender a técnica de modelado en alabastro e máis tarde estableceuse pola súa conta en Volterra, en 1797 marchou a París para estudar pintura con Desmarets e escultura con Lemot, fixo amizade con Jean Augusts Dominique Ingres e cando en 1803 gañou o segundo premio da Academia, chamou a atención de Dominique Denon, o inspector xeral dos museos parisinos, o que posibilitou que conseguise encargos lucrativos, e mesmo chegou a obter o favor de Napoleón para o que executou un colosal busto, e quen o enviou a Carrara para fundar unha escola de escultura, logo da primeira caída de Napoleon en 1814 marchou a París e acompañouno a Elba, tras a batalla de Warteloo (1815) estableceuse como artista independente en Florencia.
Entre as súas obras, de factura académica, hai gran cantidade de bustos, os mellores son o grupo da Caridade, Hércules e Lichas e Fe en Deus