Louis Sullivan
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Louis Henry (Henri) Sullivan (3 de setembro de 1856–4 de abril de 1924) era un arquitecto estadounidense, tido polo pai da Arquitectura Moderna. É considerado por moitos como o creador do moderno rañaceos. Foi un influínte arquitecto e crítico pertencente á Escola de Chicago. Considérase ademais o mentor de Frank Lloyd Wright.
[editar] Biografía breve
Louis Sullivan naceu en Boston. Estudou arquitectura no Massachusetts Institute of Technology, estabelecéndose logo en Chicago no ano 1873. Asóciase con a construcción da primeira xerazón de rañaceos americanos, pois os avances na tecnoloxía do aceiro permitían construír edificios máis altos e espaciosos do que era posíbel con anterioridade, ao mesmo tempo o aptentado de novos ascensores e montacargas debidos a Otis permite o movemento vertical con fluidez.
Traballou con numerosos outros arquitectos como Frank Furness, William LeBaron Jenney, Dankmar Adler; foi mestre de Frank Lloyd Wright, que sempre se referíu a el como os eu 'lieber meister'.
[editar] Obra
A partir dos anos 1890, lánzase á construción de rañaceos con estrutura de aceiro e cuberta plana, que gardan unha división tripartita:
- Wainwright Building, Saint-Louis, Missouri, 1890-1891
- Stock Exchange, Chicago, 1893-1894
- Guaranty Building, Buffalo, New York, 1894-8195
Outras obras súas son:
- O Auditorium Building, Chicago (Auditorio de Chicago, acabado en 1889): trátase dun complexo con teatro, oficinas e un hotel en 10 plantas;
- Edificio Wainwright, Saint-Louis (1890)
- Almacéns Carson Pirie Scott, Chicago (1899)
- National Farmer's Bank, Owatanna, Minnesota (1908)
- Merchants' National Bank, Grinnell, Iowa (1914)
Ademais publicou dous libros que difunden as súas ideas: « Kindergarten Chats » (Charlas de xardín de infancia) e « Autobiography of an Idea » (Autobiografía dunha idea).