Luís II de Mónaco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Luís II de Mónaco foi o príncipe soberano de Mónaco desde 1922 até 1949.
Fillo de Alberto I de Mónaco e da súa primeira muller, Lady Mary Victoria Douglas-Hamilton (filla do 11º duque de Hamilton), naceu en Baden-Baden o 12 de xullo de 1870. Casou en Mónaco o 24 de xullo de 1946 con Ghislaine Marie Françoise Dommanget. Como non tivo fillos no matrimonio, tivo que recoñecer a Charlotte, filla ilexítima, para garantir a sucesión, e por ende a independencia, de Mónaco. Morreu en Mónaco o 9 de maio de 1949.