Macguffin
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Palabra inventada po-lo director de cine Alfred Hitchcock para referirse á cousa, persoa ou motivo que dá pé ó desenrolo da historia pero que non ten maior importancia máis alá diso.
O propio Hitchcock explicábao ca seguinte anécdota: "Dous viaxeiros coñécense nun tren da Inglaterra. Un lle di ao outro: "Perdoe, señor, pero ¿qué é ese paquete de curioso aspecto que está enriba da súa cabeza?" "Ah, é un macguffin" "¿E para que serve iso?" "Serve para atrapar leóns nas montañas da Escocia" "Pero se non hai leóns nas montañas da Escocia" "Entón non hai macguffin"".
Hitchcock contou moitas veces esta historia para rirse dos críticos das súas películas que buscaban unha explicación racional a todo. O que interesa ó cine é manipular ó espectador, conducilo á súa maneira, sometelo ó ritmo impreso na historia. O que conta para Hitchcock é que o espectador teña medo coma o heroe ou a heroína. O director fai todo o posíbel para que o proceso de identificación funcione eficazmente. Así, en Psicose, ó principio estamos con Janet Leigh, esperando que non sexa castigads po-lo roubo que cometeu ou agardando que devolva os cartos. Cando é brutalmente acoitelada, somos empurrados a identificarnos con Anthony Perkins, sexa ca esperanza de que el vingará ese crime, sexa para desexar que el castigue ó autor, que non é outra persoa que a súa propia nai. Pero o espectador non rematou cas sorpresas... e esqueze completamente o macguffin: a razón inicial que empurrou a Janet Leigh a rouba-lo diñeiro do seu xefe.
Tamén existen macguffins puramente ficticios, como por exempo en Ca morte nos talóns. <<Nesta película redicín o macguffin ó mínimo: Cando Cary Grant pregunta ó axente da CIA polo malvado James Mason "¿Qué fai ese home?" "Oh -responde o axente da CIA-, digamos que está na importación-exportación" "¿De qué?" "Hum... de segredos de estado" É todo o que cómpre dicir. Inútil que mostremos máis, sexa o que sexa. Pero toda a historia de espionaxe debe te-lo seu macguffin, sexa un microfilme ou un obxecto calquera agachado no tacón dun zapato>>