Madison, Wisconsin
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Madison é unha cidade dos Estados Unidos, capital do estado de Wisconsin e do condado de Dane County. Madison é tamén o fogar da University of Wisconsin-Madison. Segundo o censo de 2005 Madison tiña unha poboación de 221.551 habitantes, sendo a segunda cidade máis grande de Wisconsin, despois de Milwaukee, e a 77 máis grande dos Estados Unidos. A poboación da área metropolitana supera os 400.000 habitantes.
Madison está localizada no centro do condado de Dane County, ao sur do estado de Wisconsin, a 77 millas ao leste de Milwaukee e a 122 millas ao noroeste de Chicago, no estado veciño de Illinois. A cidade é a miúdo descrita como a cidade dos catro lagos, debido aos catro lagos do río Yahara: Mendota, Monona, Waubesa e Kegonsa, a pesares que os dous últimos non están realmente en Madison, pero si nas súas proximidades, ao sur da cidade.