Manuel Rivas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Manuel Rivas Luces (A Coruña 1957) é un escritor, poeta e xornalista galego.
Manolo Rivas comezou a súa carreira nalgúns medios de comunicación galegos e españois como El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, El País, sendo nomeado subdirector do Diario 16 en Galiza. Tamén foi animador da revista cultural Luzes de Galicia. Escribiu destacados libros de poemas, novelas, artigos e ensaios literaios.
Considéraselle un revolucionario da literatura galega contemporánea sendo el un personaxe comprometido coa súa terra e coa súa cultura. Foi membro fundador de Greenpeace, polo que foi de gran importancia a súa actividade na catástrofe do Prestige nas costas galegas. Algunhas das súas obras foron adaptadas ó cine, entre elas A lingua das bolboretas e O lapis do carpinteiro.
Índice |
[editar] A súa obra completa
[editar] Poemas
- Libro de Entroido (1979)
- Anisia e outras sombras en colaboración con Xavier Seoane (1981)
- Balada nas praias do Oeste (1985)
- Mohicania (1987)
- Ningún cisne (1989)
- Costa da morte blues (1995)
- O pobo da noite (1996)
- Do descoñecido ao descoñecido. Obra poética (1980-2003) (2003)
[editar] Narrativa
- Todo ben (1985)
- Un millón de vacas (1989), premio da Crítica
- Os comedores de patacas (1991)
- En salvaxe compaña (1994)
- Bala perdida (1997)
- ¿Que me queres, amor? (1996)
- O lapis do carpinteiro (2001)
- Ela, maldita alma (1999)
- A man dos paíños (2000)
- Galicia, Galicia (2001)
- As chamadas perdidas (2002)
- Contos de Nadal (2005)
- Os libros arden mal (2006)
[editar] Teatro
- O heroe (2005)
[editar] Artigos e ensaios literarios
- El bonsái atlántico (1994)
- El periodismo es un cuento (1997)
- Toxos e flores (1999)
- Galicia, Galicia (2001)
[editar] Premios
- Premio da Crítica en Galicia
- Premio Nacional de Narrativa
- Premio da Crítica Española
- Premio da sección belga de Amnistía Internacional
- Premio Torrente Ballester
- Premio Arcebispo Xoán de San Clemente e o da Crítica
- Premio ONCE - Galicia á Solidaridad