Manuel Riveiro Loureiro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Faltan ligazóns internas neste artigo. Por favor, wikifíqueo.
Manuel Riveiro Loureiro (A Coruña, 1933) é un escritor galego.
Autor teatral e narrador, a novela Pola ida e pola volta (1977) foi a súa primeira obra editada. O seu relato Terra sequeira foi premiado no Premio Modesto R. Figueiredo de 1979 e O pau en 1982. A moa (1984), As cereixas (1984), O patrón (1990), Caladamente (1991), Corpo canso (1993), A primeira pedra (1994), A volta de Castelao (1995) son outras das súas obras narrativas e A vinga (1979), O coronel ten a quen lle escribir (1989) e O prazo (1994) obras dramáticas.