Marín
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Marín | |
---|---|
![]() |
|
Situación | |
Xentilicio 1: | Marinense |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia de Pontevedra |
Comarca: | Morrazo |
Área: | 40,50 km2 km² |
Entidades de poboación: | 75 |
Capital do concello: | Marín |
Latitude e lonxitude: | 24 24' e 42 de latitude N e 8 40' e 8 45' de lonxitude |
Altitude máxima: | 600 m. |
Altitude mínima: | 0 m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2005) | |
Poboación: | 26.103 hab. |
Densidade: | 739,4 hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | % |
Ás veces: | % |
Nunca: | % |
Política (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG 7 (votos - %) BNG 3 (votos - %) PSdeG-PSOE 8 (votos - %) Outros: 3 (- %) |
Alcalde: | Francisco Antonio Santiago Fernández (PSdeG-PSOE) |
Eleccións municipais en: 'Marín' | |
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | - 100 % |
Votantes: | - % |
Abstencións: | - % |
Votos en branco: | - % |
Votos nulos: | - % |
Orzamentos 5 (2004) | |
Total ingresos: | 11.449.450 € |
Tributos propios por habitante: | 212,92 € |
Transferencias por habitante: | 162,25 € |
Consumo público por habitante: | 322,24 € |
Gasto de capital por habitante: | 100,04 € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | Avenida de Ourense s/n |
Teléfono: | 986 880 300 - 986 880 304 |
Fax: | 986 882 013 |
Código Postal: | 36900 |
Correo electrónico: | |
Sitio web oficial: | http://www.concellodemarin.es |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
Concello da Provincia de Pontevedra en Galicia. Pertence xeografica e administrativamente, segundo o Mapa comarcal de Galicia á Comarca do Morrazo. Desde o punto de vista socioeconómico está máis ben integrado na zona urbana de Pontevedra. O municipio de Marín ten unha superficie inferior á media dos concellos de Galicia ( que é de 93,57 Km2) e dos da provincia de Pontevedra (que é de 71,57 Km2) pero a súa situación entre o mar e a montaña proporciona un gran contraste e variedade de paisaxes e paisanaxes. Conta con 8 km de costa que forma parte da marxe dereita da Ría de Pontevedra
Índice |
[editar] Poboación
2005: 26.103 persoas segundo o Padrón (1 de xaneiro de 2005)
2003: 24.825 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes.
Evolución da poboación de: Marín - desde 1900 ata 2004 - | ||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
9.228 | 13.194 | 17.592 | 22.647 | 25.706 |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
A poboación está fortemente concentrada, para o que adoita ser habitual en Galicia no núcleo urbano que conta con case 17.000 veciños. A poboación estranxeira (uns 2000, que supoñen máis do 10% da poboación) procede na súa maior parte de América do Sur(37,05%) e África (35,10%), especialmente marroquinos, seguido moi de lonxe pola Unión Europea (14,07%) e Asia (8,36%).
Demografía | Idade media | % Homes | % Mulleres | % Menores de 20 anos | % Entre 20 e 64 anos | % Con 65 ou máis anos |
2004 | 39,4 | 37,7 | 41,1 | 20,3 | 64,3 | 15,4 |
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Marinense
Concello gobernado por Francisco Antonio Santiago Fernández "Toneco" (PSdG - PSOE) en alianza con MAR-in (marinenses independentes).
Marín está situado na península do Morrazo, na marxe meridional da ría de Pontevedra, a 7 km. de Pontevedra e 27 de Vigo. O municipio pertence por razóns xeográficas á península do Morrazo, pero a súa proximidade e intensas relacións funcionais coa cidade de Pontevedra, leva a incluír este municipio, desde o punto de vista económico que non administrativo, na comarca urbana de Pontevedra, da que forma parte Poio. Tanto é así, que para o viaxeiro non queda claro onde empeza o municipio de Marín e onde remata o de Pontevedra. Ademais de Pontevedra, linda cos municipios de Vilaboa, Moaña e Bueu.
A imaxe de Marín, capital da cigala, está asociada á papeleira de ENCE e á Escola Naval Militar, creada en 1943 e que ocupa na parte central do núcleo urbano cunhas instalacións de 241.000 m2. Son tradicións relevantes a danza das espadas.
[editar] Xeografía
As alturas maiores do concello están no leste, o Faro de Domaio (600 m.) e Cotorredondo (500 m.). A partir delas, o relevo descende en pendente cara a costa, na que alternan os acantilados e as praias, debido á alternancia de faixas de esquistos e granitos. A illa de Tambo está situada a pouco máis dun quilómetro do porto e é de propriedade pública desde hai pouco, xa que antes pertencía á Armada Española.
A temperatura media anual é de 14,4°C, e oscila entre os 9'3°C en xaneiro e os 19,8°C en xullo. Só tres meses ao ano (decembro, xaneiro e febreiro) teñen unha temperatura media inferior a 10º. Chove bastante (1800 mm), especialmente a finais de outono e inverno. En xuño descenden bruscamente as precipitacións e son febles durante os tres meses de verán para volver aumentar en setembro. Disto derívase un clima suave, que permite a presenza de árbores tipicamente mediterráneas coma a laranxeira, o limoeiro, kiwi, etc.
[editar] Historia
Marín chamouse antigamente San Xiao de Ancorados por ancoraren alí os barcos de liña. O padre Sarmiento di que o seu nome ten que ver coa palabra latina para mar, mare.
Como por todo-lo Morrazo, abondan os dólmens e as gravuras rupestres. No século XII dona Urraca concedeulle o reguengo propiedade de Diogo Arias Deza. Á morte deste, pasou a ser propiedade do Mosteiro de Oseira. Desde Marín houbo sempre unha forte emigración cara América, especialmente nos séculos XVI e XVII, que non cesou até o XX.
Marín estivo sempre á sombra de Pontevedra, se ben a partir do século XVII cobrou maior importancia o seu porto, xa que o de Pontevedra quedou cegado, sen calado útil para o tráfico portuario. A vila foi ocupada polos franceses. O 4 de abril de 1809, as famosas "Alarmas do Morrazo", lideradas por J. Antonio Gago de Mendoza y Freire, asaltaron o forte de San Fernando e renderon a gornición francesa. Nesas datas, estiveron fondeadas no porto as fragatas inglesas "Venus e Libeli" que facilitaron armas e municiones ós sublevados.
Durante o século XIX intensificáronse as relacións comerciais coa Inglaterra, froito do cal chegaron misioneiros protestantes, nomeadamente Thomas Blamire, co que o concello se converteu nun foco de expansión protestante nas Rías Baixas.
[editar] Economía
Marín é o terceiro porto pesqueiro e de tráfico de contedores galego. Conta con importantes plantas conxeladoras e ten unha importante actividade no desembarco de pescada, ollomol e xurelo. En consecuencia é base dunha importante flota de conxeladores.
Poboación ocupada por sectores e sexo (IGE, 2001)
Total | Agricultura, gandería, caza e silvicultura | Pesca | Industria | Construción | Servizos | |
Homes | 6109 | 50 | 1492 | 930 | 908 | 2729 |
Mulleres | 3309 | 34 | 103 | 256 | 53 | 2863 |
A maior parte das empresas sitúase no sector servizos (en concreto no apartado de "Comercio, reparación de vehículos de motor, motocicletas e ciclomotores e artigos persoais e de uso doméstico").O sector da construción tamén engloba un volume relevante, e finalmente. A industria só é manufactureira.
Desde o punto de vista formativo, o nivel dos traballadores ou persoas en idade de facelo é baixo ou medio baixo, é dicir que unha porcentaxe importante da poboación, o 58,5%, ou ben non rematou os seus estudos elementais ou ben só posúe estes estudos. U 2,2% que non sabe ler nin escribir e un 12,2% só iniciou os seus estudos, para abandonalos a idade moi temperá.
[editar] Cultura e monumentos
- Dólmen da Mámoa do Rei
- Dólmen de Chan da Arquiña
- Petroglifos de Mogor
[editar] Galería de imaxes
Vexa Galería de imaxes de Marín para unha relación completa das imaxes dispoñibles deste concello.
[editar] Lugares de Marín
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Marín vexa: Lugares de Marín.
[editar] Parroquias
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||
[editar] Praias
No litoral do concello de Marín hai gran catidade de praias, das cales catro contaron con bandeira azul no ano 2006: Portocelo, Mogor, Aguete e Loira.
Facendo un percorido dende a vila de Marín a primeira delas é a de Portocelo, que é a que conta cos mellores servizos (duchas, restuaurate, vixilancia, etc). Nembargantes inclinada de máis, é acolledora e dista pouco dos xardins, centro da vila. Cun paseo menor os dous km, -o cal favorece as oleadas de vañistas que marchan cara as refrescantes augas da ría, ataviados có mínimo imprecindibel para pasar unha agradavel xornada-, o camiñante pode gozar dunha fermosa vista a ría e visitar a emblemática Escola Naval por fora, xa que forma parte de maís da mitade do traxecto; abandonada a Escola encontrámonos cos cinematográficos eucaliptos (compárese o seu tamaño actual con aqueles que se ven na película de "Botón de Ancla") que custodian a carretera ata chegares a praia.