Mar Xónico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Mar Xónico ou Xónico (ital. Mar Ionio , grego Ιóνιo Πελαγoς, albanés Deti Ion) é un brazo do mar Mediterráneo, ao sur do mar Adriático. Está limitado a oeste pola Italia meridional, incluindo a Calabria e mais Sicilia, e a leste polo sur da Albania e polo noroeste da Grecia, en especial as Illas Xónicas.
[editar] Xeografia
O mar Xónico separa a península italiana e a Sicilia a oeste da Albania e da Grecia a leste. Xuntase ao mar Tirreno polo Estreito de Messina e ao mar Adriático polo canal de Otrante.
Deu o seu nome ás illas xónicas, arquipélago ao largo da Albania do Sur e da Grecia. Engloba o golfo de Tarento na Italia do Sur.
[editar] Historia
Na Antigüedade, os colonos gregos pasaban polo mar Xónico de camiño da Magna Grecia (a península italiana).