Margarita Ledo Andión
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Margarita Ledo Andión (Castro de Rei, 5 de febreiro de 1951), xornalista e escritora galega.
Estudou na Universidade de Santiago de Compostela filosofía e letras, carreira que non rematou. Polas súas actividades nacionalistas estivo exiliada en Portugal (1974-1976), onde traballou como lectora de galego na Universidade de Letras de Porto. Titulouse en xornalismo en Barcelona. Foi directora do semanario A Nosa Terra entre 1977 e 1980 e realizou numerosas investigacións sobre a prensa galega. Foi profesora da Universidade Autónoma de Barcelona (1983-1991) e profesora da Facultade de Ciencias da Información da USC desde 1991. Como escritora publicou a súa primeira obra, o poemario Parolar cun eu, cun intre, con inseuto en 1970, ó que seguiu O corvo érguese cedo en 1973, publicou tamén o libro de relatos Mama-fé (1983) e as novelas Trasalba ou Violeta e o militar morto (1985) e Porta blindada (1990)