Marie Bashkirtseff
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Marie Bashkirtseff (Мария Константиновна Башкирцева; 1858 - 1884) fou unha pintura e escultora rusa nada en Ucraína.
Naceu en Gavrontsy, nas proximidades do Poltava no seo dunha familia da nobreza, educouse no estranxeiro viaxando coa súa nai por Europa. En 1870 a súa nai instálase nunha vila preto de Niza e xa en París estudou pintura na Académie Julian, unha das poucas institucións que aceptaban mulleres. En 1881 escribiu artigos, co alcume de Pauline Orrel, para o xornal feminista de Hubertine Auclert, La Citoyenne
Na súa curta vida, Marie, realizou un importantes, entre as que sobresaen Un meeting, L'Atelier des femmes e o seu Autorretrato. Boa parte das súas obras destruíronas os nazis durante a Segunda Guerra Mundial.
Dende os 13 anos escribiu un diario, en francés, no que documenta os problemas das mulleres artistas e que se fixo famoso cando o publicou a súa familia en 1890 co título de Journal de Marie Bashkirtseff avec portrait. A súa correspondencia con Guy de Maupassant publicouse en 1891.