Markhás
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aldea prefabricada creada no deserto de Rub al-Khalí. Os beduínos nómades teñen neles a oportunidade de instalarse e seguir a súa vida de pastoreo, contando con comodidades coma xardíns ou mezquitas. Neles seguen vixentes certos costumes nómades (fiadeiros, reunións nocturnas de anciáns para falar e beber leite de camelo ou crianza de camelos, cabras e ovellas) xunto a outras características occidentais (ensino superior, servizos médicos, transporte, aire acondicionado ou auga limpa). A pesares da claustrofobia e a perda de liberdade que lles implica, teñen certa aplicación na zona do deserto de Arabia Saudí: porén, debido á menor cualidade na banda do Iemen xa que alí non se conta cos cartos procedentes do petróleo, non teñen tanta aceptación noutros lugares.
[editar] Referencias
Donovan Meister & George Steinmetz (2005) Media luna vacía. En: Revista National Geographic edición española de febreiro de 2005.