Maruxa (filme 1923)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Maruxa é un filme mudo español rodado en Galicia en 1923. Dirixido por Henry Vorins baseada na zarzuela de Amadeo Vives de igual nome. Foi unha produción de Celta Films rodada nas proximidades de Vigo, é un melodrama amoroso entre mozos nun contorno rural.
Protagonizada por Paulette Landais e Florián Rey, os títulos tiñan unha versión en galego, escritos por Manuel Lugrís Freire. O seu estreo foi o 11 de novembro de 1923 en Madrid. Non se conserva ningunha copia do filme.