Talk:Marmelo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Neste hai unha absurda referencia a Portugal, pois:
- Marmelo é en galego (tamén en portugués) o froito do marmeleiro, de cor amarela e semellante a unha pera, aínda que de forma máis redondeada e irregular, co cal se prepara un doce, do mesmo nome, que é unha especie de marmelada máis sólida ou compacta.
- Marmeleiro é en galego (tamén en portugués) a árbore da familia rosáceas (Cydonia vulgaris), de 4 a 5 m de alto, tronco tortuoso e ramoso, follas enteiras, flores solitarias e froito en pomo, aromático e de carne áspera. É orixinaria de Asia Menor e dá como froito o marmelo
Hai tamén unha confusión de termos:
- O marmelo é unha marmelada feita con marmelo
- Dise 'marmelada', non 'marmelo'cando se fai con outras froitas (mazá,...): Marmelada é un doce de froitas cocidas e mesturadas con azucre ou mel.
- O nome científico do marmelo é Cydonia oblonga. A parte diso, estou de acordo contigo. Un saúdo --Alyssalover(fálame) 08:36, 31 agosto 2005 (UTC)
- Ten máis contido esta páxina de discusión que o propio artigo, propoño que se refaga o artigo seguindo as directrices expostas por vós arriba. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:13, 31 agosto 2005 (UTC)
- secundo a proposta de prevert --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 17:18, 31 agosto 2005 (UTC)