Masaru Emoto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Masaru Emoto (Yokohama, 22 de xullo de 1943) é un investigador xaponés que estudou e estuda as cristalizacións da auga, e as diversas formas que esta presenta antes e despois de lle falar, rezar, exporse a música ou a imaxes.
Emoto é coñecido por realizar estudos sobre o holismo da agua: Como se forman diferentes clases de cristais dependendo de palabras, sons ou imaxes ás que se expón.
Baseados no mesmo principio, nun colexio levou a cabo un experimento con dous frascos de arroz. Ao primeiro dicíanselle todos os dias palabras agradables (<<Grazas>>, <<Es especial>>, etc), en cambio ao segundo dicíanselle palabras despectivas (<<¡Es un parvo!>>, <<¡Imbécil!>>, etc). Ao cabo dun tempo o segundo podreceu, mais o primeiro conservaba un excelente aspecto e aroma.
Participou no segundo encontro internacional de Ecoloxía da Auga, celebrado en Ourense os días 8, 9 e 10 de setembro de 2006.