Masoucos, Castroverde
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.

Santiago de Masoucos é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 47 habitantes (27 homes e 20 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 54 habitantes.
Municipio: Castroverde
Comarca: Central
Provincia: Lugo
CCAA: Galicia
Latitude en graos decimales: 43
Lonxitude en graos decimales: -7.267
Coordenada X UTM Huso 30: 152192
Coordenada Y UTM Huso 30: 4769741
Huso UTM: 29
Cuadrícula UTM: PH46
Latitud en graos, min e seg: 43, 0, 0
Lonxitude en graos, min e seg: -7, 16, 0
Situada nunha chaira, na aba da serra de Mordei, entre a Frairía e Riomol. Confina coa Esperela, que xa é da Baleira.
Está delimitada polos parroquias de Frairía polo Norte; Barreiros e Riomol polo Sur; Esperela e Pousada polo Este e, Frairía e Barreiros polo Oeste. Lugares: Masoucos e Trascastro, separados por un outeiro coroado por un castro (poboado)|castro no que se levantou o templo parroquial, con adro e cemiterio en torno.
Índice |
[editar] A riqueza das augas...
En augas, o Rego de Masoucos, tamén chamado Cubeiro. ¿Pero, de fontes...? Vaian contando: Abelleira, Alargo, Barral, Caspalledo, Cubeiro, Grobiña, Lamas, Masoucos de Arriba, dos Pollos (que outros din dos Piollos, polos mosquitos, claro), Reboira, Senela, Travesela e Trascastro. Montes, A Devesa (798 m)
[editar] Monumentos
A igrexa parroquial presenta unha nave rectangular, co teito de madeira a dúas augas sobre tres vigas tirantes. Unha porta na fachada sur. Frontispicio con sillería de bos bloques de pedra gra. Porta alintelada. Espadana dun corpo con dúas troneiras, e unha campá, cimacio, cunha troneira e tres pináculos. Protexe o acceso un amplo e forte cabido, cerrado por unha repisa con só acceso frontal; sobre da repisa, como basamento corrido, elévanse seis piares que soportan o teito, a tres augas. Pola parte interior unha repisa corrida ou podio que serve para asento.
O presbiterio é algo máis amplo e elevado cá nave, e cóbrese ás catro augas; con muros caleados, igual que a nave. Arco triunfal de medio punto, rebaixado, de impostas saíntes e pilastras.
Sancristía na parte posterior, na mesma liña, pero máis baixa, a tres augas, con dúas portas de acceso desde o presbiterio.
Retábulo maior sinxelo, neoclásico, sen tallas. O retábulo sur, de 2 m., é barroco, con dúas columnas salomónicas con motivos da vide. Santiago peregrino, de 0,70, titular; santa María Madanela, de 0,80 m., de sabor romántico; O Salvador, de 0,80 m, bendice coa dereita e sostén a bola do mundo na esquerda. Tallas populares do século XV. Cáliz sinxelo, de prata, de 0,21 m.
O castro, que serviu como emprazamento para esta igrexa, xa case non é perceptible. Dos sartegos (sarcófagos) descubertos neste castro, algún deles aproveitouse nas reformas da tapia do adro da igrexa.
[editar] OS CONCELLOS DE NEIRA DE XUSÁ E NEIRA DE REI..., un pouco de historia
No territorio que agora comprende o concello de Baralla, con algunhas modificacións, cando se formaron os primeiros axuntamentos constitucionais ( a raíz da constitución de Cádiz de 1812 ) , existían os de Neira de Xusá e Neira de Rei.
Cando se leva a cabo a primeira división municipal algo seria, a instancia do Real Decreto do 23 de xullo de 1835, e publicada a correspondente á provincia de Lugo no B.O.P.L.U. (Boletín Oficial da Provincia de Lugo) do 22 de novembro de 1835, polo Marqués de Astariz, seguen figurando os mesmos dous axuntamentos do período liberal, é dicir, Neira de Rei e Neira de Xusá, coas seguintes parroquias:
NEIRA DE XUSÁ: Aranza, Arroxo, Baralla, Berselos, Constantín, Covas, Ferreiros, Francos, Guimarei, Laxes, Lebruxo, Neira (S. Estevo), Pacios, Piñeira, Picato, Pousada, Recesende, Riba de Neira, Sixirei, Traspena, Teixeira, Vale, Vilachambre, Vilar, Vilarpunteiro e Vilartelín.
NEIRA DE REI: Frairia, Furis, Neira de Rei (S. Martiño), Neira de Rei (S. Miguel), Masoucos, Penarrubia, Pedrafita e Martín.
Estes axuntamentos funcionaron ata que a circular da Xunta de Goberno provisorio da provincia de Lugo, do 9 de outubro de 1840, publicada no BOPLU número 84, do 18 de novembro do mesmo ano, reduce de 87 a 62 axuntamentos e suprime o de Neira de Rei, permanecendo como novo axuntamento o de Neira de Xusá que tería as parroquias coas xa contaba máis as dúas de Neira de Rei (S. Martiño e S. Miguel) e tamén Penarrubia e Pedrafita. Das restantes parroquias pertencentes ao desaparecido axuntamento de Neira de Rei, Frairia, Furís e Masoucos pasarían a Castroverde e Martín a Baleira.
BOPLU 25 DE ABRIL DE 1841: 32 PARROQUIAS
BOPLU 25 DE NOVEMBRO DE 1841: 29 PARROQUIAS
BOPLU NUMERO 22 DO 21 DE FEBREIRO DE 1845: DANSE AS PARROQUIAS: