Maurice Barrymore
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Maurice Barrymore (Herbert Arthur Chamberlayne Blyth) (1849 - 1905) foi un actor norteamericano, primeiro dunha famosa familia de actores, os Barrymore.
Naceu en Agra, India e estudou dereito en Oxford, Inglaterra, en 1872 gañou o campionato de boxeo de peso medio de Inglaterra. En 1873 renunciou á súa carreira polo teatro, en 1874 marchou aos Estados Unidos, e ao ano seguinte entrou na compañía de August Daly e debutou con Under the Gaslight (1867), en 1876 casou coa actriz Georgianna "Georgie" Emma Drew (1856-1893), filla do actor irlandés John Drew.