Mecenas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Caius Cilnius Maecenas (Arezzo, 69 a.C.? - 8?) foi un estadista romano e patrono das letras.
Mecenas descía dunha familia etrusca antiga e nobre. Foi conselleiro, colaborador e amigo de Octavio, a quen mesmo substituiu durante as súas ausencias de Italia. Posteriormente a relación enfriouse, posibelmente porque Augusto tivo un affaire coa súa muller, Terencia, mais no seu testamento designouno único herdeiro. Actuou como mediador nos tratados de Brindisi (40 a.C.) e Tarento (37 a.C.).
Mecenas foi unha figura chave na vida literaria da época de Augusto. Animou a súa política cultural, protexendo e dirixindo aos creadores de máis prestixio, como Virxilio (quen lle dedicou as Xeórxicas), Horacio (a quen regalou Villa Sabina), Propercio, Varius Rufus, Plotius Tucca, Valgius Rufus ou Domitius Marsus.
É autor de obras en prosa (Prometeo, Simposio, In Octaviam, De cultu suo) e en verso, das que restan uns vinte fragmentos.
O seu nome é o símbolo do patronato rico e xeneroso das artes. Hoxe chámaselles mecenas aos protectores das artes.