Megalópole da Cidade de México
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Constituída fundamentalmente polo gran macizo e denso aglomerado urbano do Val de México, é dicir, o Distrito Federal e o seu área metropolitana o norte, no leito desecado do que foi o lago de Texcoco, máis de vinte millóns de habitantes, o que se lle agregan coma dous pequenos apéndices, polo suroeste o área metropolitana de Toluca e polo sur o de Cuernavaca.
Todo xira en torno ao xigantismo sen rival da Cidade de México no Distrito Federal (ver historia urbana), xunto a que crecen somentes suburbios, xigantes tamén, coma Netzahualcóyotl ao leste, Ecatepec ao norte, ou Tlalnepantla e Naucalpan ao noroeste.
É de destacar, no extremo norleste do área, as ruinas da que foi a cidade capital da cultara nai de todas as que viñeron despois no altiplano mexicano, Teotihuacán. Extendéuse dende o 500aC ata o 700 da nosa era, na que desaparecéu, máis de seis séculos antes da fundación de Tenochtitlán polos aztecas, sobor da que os espanhois edificarían a actual capital. O esplendor de Teotihuacan foi contemporáneo do de Roma coa construcción de grandes pirámides (as impresionantes do Sol e da Lúa e a moi fermosa de Quetzalcóatl)[1].
A medio prazo é de agardar a conurbación coa megalópolis do área metropolitana de Puebla ao surleste, do que soio os dous grandes volcáns, Popocatépetl e Iztaccíhuatl, a separan ata o de agora.
Megalópolis da Cidade de México:
- AM do Val de México....................20.330.000
- AM de Toluca de Lerdo....................1.100.000
- AM de Cuernavaca de Morelos............920.000