Megalópole da chaira de Kantō
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Conforma o área metropolitana de Toquio (ver historia urbana ), a maior coma tal do planeta, con unhas dimensións (150x150km) que a converten nunha verdadeira rexión urbanizada.
Aproveita para iso, como non podía ser doutra maneira nun país tan montañoso e poboado coma o Xapón, a maior das suas poucas chairas, a de Kantó (Kantó Heiya) na illa de Honshu, formada polo val inferior do río Tone e dos máis propiamente toquiotas Edo e Sumida.
Exténdese dende a baía de Toquio ata Maebashi polo noroeste, ata Utsunomiya ao norte, Mito e Hitachi ao nordés e Odawara polo suroeste, incluíndo como cidades máis importantes a Yokohama, Kawasaki, a recén creada Saitama (pola fusión de Urawa,Yono e Omiya) e Chiba.
Megalópolis de Toquio: 37.500.000
- prefectura de Toquio.................12.000.000
- prefectura de Kanagawa............ 8.400.000
- prefectura de Saitama................6.800.000
- prefectura de Chiba....................5.300.000
- prefectura de Gumma............... 1.400.000
- prefectura de Ibaraki..................2.500.000
- prefectura de Tochigi..................1.100.000