Melvin Burgess
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Melvin Burgess (25 de abril de 1954) é un autor británico de literatura infantil e xuvenil.
Creceu en Sussex e Berkshire. Despois de rematar a escola trasladouse a Bristol, onde adoitaba non ter emprego ou traballar na industria da construción. Escribía de cando en vez aínda que sen éxito. En 1983 trasladouse a Londres, onde coñeceu á súa compañeira, a bailarina Avis von Herder, e comezou un pequeno negocio de tecidos para a industria da moda.
O seu primeiro libro, The Cry of the Wolf, foi publicado en 1990. Gañou certa notoriedade en 1996 coa publicación da novela Junk, que foi lanzada á sombra de Trainspotting, filme baseado na novela homónima de Irvine Welsh. Coma Trainspoting, Junk, traducida ó galego como Ionqui, trata aspectos relacionados coas modas e culturas no mundo da drogadicción xuvenil. É un dos libros xuvenís máis coñecidos en Gran Bretaña da década dos noventa.
Na actualidade, Melvin Burgess adícase á escritura a tempo completo e vive en Lancashire. Ten publicadas, entre outras, as seguintes obras dirixidas a un público xove: Baby and Fly Pie, Loving April, The Earth Giant, Tiger Tiger e Kite.
No 2001 Burgess escribiu a novelización do filme Billy Elliot, baseada no guión de Lee Hall.
No 2003 publicou outra novela igualmente controvertida Doing It, que trata o tema do sexo entre adolescentes. Noutros libros tales como Bloodtide e The Ghost Behind The Wall, Burgess atreveuse con temas menos realistas e ás veces fantásticos.